A comunidade universitaria elixe este mércores e xoves aos representantes nas Xuntas de Centros da USC
Este mércores 9 e o xoves 10 elíxense na USC ao representantes nas Xuntas de Centros. O procedemento de votación será unicamente por correo electrónico, conforme ao establecido na convocatoria publicada o 10 de decembro de 2010. O horario establecido para a votación é o comprendido entre as 9:00 horas do mércores 9 e as 19:00 horas do xoves 10. Na páxina web da USC, no horario establecido, atoparase un acceso directo á aplicación e-Voto para poder exercer o sufraxio. Os membros do PDI e PAS deberán identificarse mediante as claves de acceso corporativas da USC e os alumnos coas de claves de acceso á Secretaría Virtual. No caso de que non sexa posible facer a conexión, as persoas interesadas deben comunicalo á Secretaría Xeral, a través do correo electrónico evoto [at] usc.es (evoto[at]usc[dot]es), co obxectivo de que se poida resolver a incidencia. Unha vez conectados á aplicación e-Voto, na pantalla aparecerán as candidaturas proclamadas así como a opción de voto en branco. Unha vez seleccionado, deberá premerse a opción “emitir o voto” e a continuación confirmar da opción elixida se así se desexa ou escoller outra. Validado o sufraxio, poderá darse á opción de imprimir ou gardar o recibo cun código de control, que permitirá comprobar ao elector que a súa votación foi correcta. As persoas que o desexen poden consultar de forma individualizada e sinxela os procesos electorais nos que poderá exercer o voto en www.usc.es/eleccions.