Skip to main content

Aberto o prazo de solicitude para a convocatoria de mobilidade de intercambio coas universidades españolas Sicue para o curso 2011-2012

Os estudantes que desexen optar a estas bolsas deben formalizar a matrícula ata o 18 de febreiro

A USC, a través da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, convoca as prazas de mobilidade para estudantes da USC do Sistema de Intercambio con Universidades Españolas (Sicue) para o curso 2011-2012. Os alumnos dos campus de Lugo e Santiago que desexen optar a estas bolsas deben realizar a solicitude en liña, que estará dispoñible na Secretaría Virtual dos Estudantes, ata o 18 de febreiro (inclusive). Os candidatos deben imprimir dúas copias da súa petición nos rexistros xerais da USC ou dos xeitos e lugares establecidos na Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. As solicitudes deben ir acompañadas dunha memoria xustificativa da súa petición, de dous folios como máximo. Os candidatos deben ter superados un número mínimo de créditos ou materias, dependendo do tipo de estudos que cursen: planos renovados e non renovados e ensinanzas de grao ou só segundo ciclo, requisito que debe cumprirse a data 30 de setembro de 2010. En cada un dos centros da USC nomearase unha comisión de selección encargada da selección dos alumnos, na que se valorará tanto os aspectos académicos coma a memoria xustificativa. Para máis información sobre a convocatoria pódese consultar o enlace: http://www.usc.es/es/goberno/vrrelins/portal_internacional/sicue_seneca.html

The contents of this page were updated on 02.01.2011.