O reitor recibe á Confederación de Lesbianas, Gays e Bisexuais

O reitor da USC, Juan Casares, recibiu este martes en San Xerome aos responsables da Confederación de Lesbianas, Gays e Bisexuais, Colega, co seu presidente á fronte, Rafael Moral. O colectivo demandou da institución académica a súa colaboración para poder desenvolver unha campaña de sensibilización entre a comunidade universitaria sobre o VIH e as enfermidades de transmisión sexual. Na xuntanza, á que asistiu tamén o Vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán, o responsable da confederación en Galicia remachou a alta incidencia desta enfermidade entre as persoas mozas e, en especial, entre os homosexuais, e a necesidade de levar a cabo accións de prevención e información.