Skip to main content

O catedrático Alfredo Vigo Trasancos recibe o venres a Insignia de Ouro de Ferrol

O catedrático de Historia da Arte Alfredo Vigo Trasancos recibirá este venres 7 en Ferrol a Insignia de Ouro da Cidade en recoñecemento ao seu labor docente e ao seu traballo de investigación histórica. A entrega deste premio, acordado polo pleno municipal do concello, celebrarase no Teatro Jofre a partir das 13:00 horas do venres 7 coincidindo coa festividade do patrón da cidade San Julián. Especialista en temas relacionados coa historia da arquitectura e o urbanismo, moitos dos traballos realizados polo profesor Vigo Trasancos toman como referencia a Ferrol, converténdose nunha fonte destacada para coñecer a historia da cidade a través da evolución arquitectónico e urbanística dos seus barrios e edificios máis singulares.

The contents of this page were updated on 01.05.2011.