Skip to main content

A USC convoca 45 bolsas de intercambio para cursar estudos en universidades de países de fala inglesa

A USC convoca 45 bolsas para a realización de estudos en 2012-2013 en universidades de países de fala inglesa coas que a institución compostelá ten formalizado un convenio de colaboración bilateral (Australia, Canadá, Corea do Sur, Estados Unidos e Xapón), con universidades do programa ISEP (institucións universitarias de Estados Unidos e Porto Rico) e da Rede Tassep (con universidades estadounidenses e canadenses para realizar estudos de Ciencias). As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude ata o 21 de decembro, sendo requisito imprescindible estar en posesión do Toefl (cun mínimo de 79-80 8IBT). Segundo a convocatoria publicada haberá dúas modalidades de axuda económica. No caso das bolsas ISEP os once mellores seleccionados/as terán aloxamento e mantenza gratuíta durante o período de intercambio e non aboarán na institución receptora os prezos públicos de matrícula. Do mesmo xeito, cinco bolsas da Rede Tassep e as restantes para convenio bilaterais suporán a exención de matrícula na universidade de destino, sen prexuízo de optar ás axudas que puidera convocar a administración autonómica. O proceso de selección constará dunha única fase de valoración na que se avaliarán o coñecemento de idiomas, o expediente académico e o perfil académico en base a unha entrevista. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden acadar máis información en USC Internacional.

The contents of this page were updated on 11.23.2011.