Skip to main content

‘Parellæs’ volve ofrecer ao alumnado interesado a posibilidade de realizar intercambios lingüísticos entre galego e catalán

O programa ‘Parellæs’ volve ofrecer ao alumnado interesado a posibilidade de realizar intercambios lingüísticos entre galego e catalán, a través daqueles e daquelas estudantes orixinarios do ámbito lingüístico catalán que actualmente estuda na USC así como ao alumnado galego que cursa estudos de catalán. A idea é que as persoas que participen nesta iniciativa teñan a oportunidade de conversar cos súas respectivas parellas nun ambiente relaxado e axeitado para practicar estas linguas, tomando un café, paseando ou saíndo pola noite. Cada parella conformarana un/ha catalánfalante e un/ha galegofalante co obxecto de que os intercambios sexan bidireccionais e mutuamente enriquecedores. Para apuntarse a este programa, as persoas interesadas deberán enviar un correo a dolors.perarnau [at] usc.es (dolors[dot]perarnau[at]usc[dot]es) ou mamerce.lopez [at] usc.es (mamerce[dot]lopez[at]usc[dot]es), facendo constar uns datos persoais mínimos para coñecer o nivel de lingua de cada solicitante, a dispoñibilidade horaria, así como afeccións e preferencias. O seguinte paso será a asignación dun/ha compañeiro/a coa que se deberán compartir como mínimo 10 sesións ata o final do curso.

The contents of this page were updated on 11.04.2011.