Skip to main content

A USC presenta ‘Emprendia’, a rede virtual de apoio ao emprendimento universitario

O reitor Juan Casares presentará este luns 11 de abril a publicación electrónica da USC ‘ Emprendia’, unha rede virtual de apoio ao emprendemento universitario mediante o uso das novas tecnoloxías. No acto estarán presentes tamén a directora xeral da Fundación Española para la Ciencia y Tecnoloxía (FECYT), Lourdes Arana, e o director de Uniemprende, Carlos Hernández. O encontro cos medios de comunicación desenvolverase a partir das 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. O novo portal web conta co apoio explícito da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, entidade do sector público dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, que ten, entre os seus obxectivos favorecer a transferencia de coñecemento en talento innovador e emprendedor.

The contents of this page were updated on 04.08.2011.