Skip to main content

O Departamento de Latín e Grego homenaxeou a profesora Manuela Domínguez García

O Departamento de Latín e Grego homenaxeou a profesora Manuela Domínguez García
O Departamento de Latín e Grego homenaxeou a profesora Manuela Domínguez García

O Departamento de Latín e Grego da USC rendeulle este xoves unha homenaxe á profesora Manuela Domínguez García, nunha sesión que presidiu o reitor Juan Casares no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC. A directora do Departamento, Helena de Carlos Villamarín, abriu a quenda de intervencións, continuando co catedrático de Filoloxía Latina da USC, José Manuel Díaz de Bustamante, coa bibliotecaria xubilada da USC María Virtudes Pardo, co profesor de Historia Medieval José M. Andrade Cernadas e co catedrático xubilado de Filoloxía Latina da Universidade de Lisboa, Aires A. Nascimento. O emotivo acto rematou coas palabras do decano da Facultade de Filoloxía, Ernesto González Seoane.

The contents of this page were updated on 06.30.2011.