Skip to main content

O XIX Congreso da Asociación Profesional da Maxistratura comeza este mércores no Colexio de Fonseca

O Colexio de Fonseca será testemuña este mércores 26 da inauguración do XIX Congreso da Asociación Profesional da Maxistratura (APM), arredor da que se reunirán 300 maxistrados de toda España nun encontro que se vai estender ata o próximo venres 28. A inauguración celebrarase no Salón Nobre de Fonseca a partir das 13.00 horas coa participación do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; do vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Manuel Almenar; do alcalde de Santiago, Gerardo Conde; do presidente da APM, Jesús Chamorro; do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Cadenas; e do fiscal superior de Galicia, Carlos Varela. As sesións deste congreso desenvolveranse baixo o lema ‘Unha xustiza de calidade”, desenvolverase a través do traballo en comisións, contando na primeira sesión coa colaboración da Federación para a Protección da Propiedade Intelectual.

The contents of this page were updated on 10.25.2011.