Presentan en Dereito un vocabulario de termos de Dereito Penal en galego
O profesor da USC Miguel Abel e o técnico do Servizo de Normalización Lingüística Xusto Rodríguez elaboraron un vocabulario de termos de dereito penal en galego que presentarán este martes 25 na facultade compostelá de Dereito. A presentación, ás 13.00 horas no Salón de Graos do centro, contará ademais coa presenza do decano, Luis Miguez; da secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; e dun representante da EGAP que financiou o manual.