Comeza en Lugo o curso de especialización en Enfermaría de urxencias, emerxencias e catástrofes
O curso de especialización de ‘Enfermaría en Urxencias, emerxencias e catástrofes’ é unha proposta teórico-práctica que pretende garantir que as persoas inscritas adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para recoñecer as diferentes situacións clínicas, dándolles prioridade segunda a gravidade de cada caso. Esta é a finalidade deste posgrao que inaugurará a su sexta edición este martes 25 nun acto no que intervirán o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, Francisco José Vilanova; e a directora da Escola de Enfermaría lucense, Mª Asunción Núñez. Será a partir das 17.00 horas no Salón de Graos do Complexo Docente. Cunha duración de 250 horas, das 150 son teóricas e as 100 restantes prácticas, esta proposta formativa busca mellorar a asistencia integral ofrecida nos servizos de urxencia ás persoas accidentadas, potenciando o traballo en equipo e incorporando elementos de humanización da enfermaría. O programa desenvolverase ata finais do mes de maio de 2012 coa participación de profesionais das Ciencias da Saúde.