Skip to main content

Conferencia do escritor ecuatoguineano Juan Tomás Ávila Laurel na Facultade de Ciencias Políticas

Convidado por Cursos Internacionais da USC e o programa de verán da Universidade de Hofstra en España

O intelectual, activista dos dereitos humanos e escritor ecuatoguineano Juan Tomás Ávila Laurel pronunciará este venres 22, ás 17.00 horas na Facultade de Ciencias Políticas, a conferencia ‘Escritores de Guinea Ecuatorial, entre a desidia e o colaboracionismo’. Ademais de prolífico escritor Ávila Laurel é coñecido por ser unha voz crítica no seu país, algo quen se deixa ver na súa obra, en prosa ou en verso, comprometida coa realidade social e política e coas desigualdades económicas que lle rodean. As súas preocupacións tradúcense nunha profunda conciencia histórica sobre Guinea Ecuatorial en particular e sobre África en xeral. Nos últimos dez anos Ávila Laurel converteuse nun asiduo conferenciante de universidades estranxeiras. Ademais, como escritor convidado representou o seu país en universidades e foros internacionais de todo o mundo. A súa obra é tema de numerosas teses doutorais en universidades do Reino Unido, Italia, España e, sobre todo, de Estados Unidos e Canadá. O autor africano vén convidado polo programa de verán da Universidade de Hofstra en España en colaboración con Cursos Internacionais da USC.

The contents of this page were updated on 07.21.2011.