Skip to main content

Analízanse en Políticas as oportunidades de financiamento da investigación nas áreas de Humanidades e de Ciencias Sociais

Ofrecer unha visión xeral dos distintos programas e fontes de financiamento da investigación no ámbito europeo nas Áreas de Humanidades e de Ciencias Sociais, Económicas e Xurídicas é o propósito das xornadas que este venres 22 terán lugar na Facultade de Ciencias Políticas. Na sesión, que comezará ás 11.30 horas, explicaranse ademais as condicións e formas de participar nos programas e as estruturas de apoio da USC para a presentación e xestión desta tipoloxía de proxectos.

The contents of this page were updated on 07.21.2011.