Skip to main content

A Fundación Luís Tilve recoñece a Estación de Bioloxía Mariña da Graña co premio Defensa do medio ambiente e dos bens comúns

A Fundación Luís Tilve recoñece a Estación de Bioloxía Mariña da Graña co premio Defensa do medio ambiente e dos bens comúns
A Fundación Luís Tilve recoñece a Estación de Bioloxía Mariña da Graña co premio Defensa do medio ambiente e dos bens comúns
A Fundación Luís Tilve recoñece a Estación de Bioloxía Mariña da Graña co premio Defensa do medio ambiente e dos bens comúns

A Estación de Bioloxía Mariña da Graña acaba de ser recoñecida co premio ‘Defensa do medio ambiente e dos bens comúns’ da Fundación Luís Tilve “polo seu traballo en prol do fomento da investigación e a docencia no campo da bioloxía mariña, así como pola súa actividade de asesoramento e difusión en temas relacionados coa fauna e flora mariñas de Galicia”. O xurado valorou ademais que a institución científica da USC situada na vila da Graña, na Ría de Ferrol, propicia “o establecemento e coordinación de relacións de intercambio científico con outras universidades e institucións, tanto nacionais como internacionais”. O xurado dos Premios Luís Tilve 2011 estivo presidido por Fernando González Laxe e integrado por José Antonio Gómez, Salvador Fernández Moreda, Álvaro Ansias, Carmen Avendaño, Rosalía Mera, Tareixa Navaza, Mª Xosé Rodríguez Galdo e Roxelio Pérez Poza. Os galardóns, consistentes nunha escultura exclusiva do artista César Lombera, serán entregados o próximo venres 15 ás 12.00 horas no salón de actos da Fundación Caixa Galicia de Ferrol. Outros premiados Na convocatoria deste ano a Fundación Luís Tilve concedeulle ademais o premio ‘Traballo Digno’ á Asociación Pro Saúde Mental A CREBA, o ‘Acción Solidaria’ a Manuel Rivas Barrós, e o premio ‘ Investigación e Divulgación Histórica’ aos historiadores Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez. A Estación A Estación de Bioloxía Mariña da Graña que dirixe o profesor Victoriano Urgorri creouse coa fin de fomentar e facilitar a investigación e a docencia na bioloxía mariña e o asesoramento e difusión nos temas relacionados coa fauna e flora mariñas de Galicia. As súas instalacións comprenden dous edificios: a Casa do Hórreo destinada a investigación, con instalacións e medios axeitados para o desenvolvemento de traballos e reunións científicas, proxectos de investigación e teses de doutoramento, e a Casa da Estrela para fins docentes e cunha residencia para facilitar a realización de actividades formadoras. Ademais, para as actividades de mergullo no mar cóntase con dúas embarcacións de 5,25 m de eslora e cun barco de fibra de vidro de 12 metros de eslora para mostraxes dende superficie.

The contents of this page were updated on 03.18.2021.