Skip to main content

O vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización celebra unha xuntanza de traballo cunha delegación da Universidade de Sun Yat-sen de visita na USC

A de Sun Yat-sen está considerada unha das mellores universidades de China

A delegación da Universidade de Sun Yat-sen que estes días visita a USC mantivo este venres 16 unha xuntanza de traballo con responsables universitarios composteláns co vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, á cabeza. O obxectivo da visita é fortalecer e ampliar as relacións que ambas institucións manteñen dende a sinatura este mesmo ano dun convenio de intercambio. Asentada en Guangzhou, capital da provincia de Cantón, a de Sun Yat-sen está considerada unha das mellores universidades de China. No Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, á xuntanza asistiron ademais do vicerreitor o coordinador de Relacións Exteriores, Jacobo Feás; o xefe do Servizo de Relacións Exteriores, Enrique López Veloso; o decano da facultade de Filoloxía, Ernesto González Seoane; a vicedecana de Relacións coas Empresas e Institucións da Facultade de Ciencias Económicas, Loreto Fernández; e a directora do CLM, Katerina Vlasakova. A visita da delegación china comezou este mesmo xoves nun encontro en Química cos nove estudantes chineses que se atopan en Santiago en virtude do convenio de intercambio asinado. Ao encontro estaban convidados tamén estudantes de lingua chinesa que cursan estudos no Centro de Linguas Modernas (CLM).

The contents of this page were updated on 12.16.2011.