Skip to main content

Presentación da programación da décimo sexta edición do Festival Internacional de Teatro Universitario da USC

As aulas de teatro das universidades de Santiago e de Zaragoza, a Escola Superior de Arte Dramática de Asturias, a Escola de Teatro de Narón, In Vitro Teatro(Universidade de Xaén) e Teatro Universitario do Minho son as compañías que van protagonizar a décimo sexta edición do Festival Internacional de Teatro Universitario da USC.
Os detalles da programación deste Festival Internacional presentaranse este martes 23 ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Na presentación intervirán a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo, o director da Aula de Teatro, Roberto Salgueiro, e o director da Área de Cultura, Pablo Sampedro.
Serán un total de sete representacións entre os días 12 e 18 de abril, todas elas no Salón Teatro, a partir das 21:00 horas, con entrada gratuíta, previo paso polo despacho de entradas.

The contents of this page were updated on 03.22.2010.