Skip to main content

O director do Centro Nacional de Cultura portugués pronuncia unha conferencia en Filoloxía

O director do Centro Nacional de Cultura de Portugal, Guilherme d´Oliveira Martins, intervén este martes 9, ás 13:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, cunha conferencia titulada ‘Cultura galaico-portuguesa: identidade, diferenza e patrimonio común’.
Guilherme d´Oliveira Martins é ademais presidente do Tribunal de Contas de Portugal, auditor xeral da Asemblea da Unión Europea Occidental e ex ministro de diversas carteiras en varias lexislaturas portuguesas.

The contents of this page were updated on 03.08.2010.