Skip to main content

Antón Lamazares cede unha das súas obras á USC

O pintor Antón Lamazares cederá oficialmente este venres, 26 de marzo, unha das súas obras á Universidade de Santiago. O acto de cesión, que terá lugar ás 12:00 horas na Igrexa da Universidade, contará coa presenza do propio artista e do reitor Senén Barro.
Trátase da obra Das sete xemas, un tríptico realizado polo autor lalinense en 2008.

The contents of this page were updated on 03.25.2010.