O Colexio maior San Clemente reflexiona sobre a marxinación social
A profesora da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Carmen Morán, imparte este martes 2 no salón de actos do Colexio Maior San Clemente a conferencia ‘A marxinación social en Galicia’.
Esta actividade, que comezará ás 22:00 horas, faise ao abeiro da programación dos bolseiros socioculturais do Colexio, que a organizan por ser este un momento de crise que fai afluír moitos sentimentos e accións de solidariedade cos máis marxinados e desfavorecidos.