Ábrese a inscrición para os cursos intensivos de natación no mes de xuño
O Servizo de Deportes da USC acaba de abrir o prazo de inscrición para participar nos cursos intensivos de natación que terán lugar en xuño en Santiago. Os pertencentes á categoría A poden matricularse xa, mentres que os das categorías B e C terán que agardar ata o 25 deste mes.
Toda aquela persoa interesada poderá realizar a súa inscrición a través de internet. Para máis información, deberán dirixirse ás Oficinas da Área de Deportes, na Piscina Universitaria.