A USC, terceira no I Trofeo Interuniversitario Eurorrexional de remo

A Universidade de Santiago acadou o terceiro posto no I Trofeo Interuniversitario Eurorrexional de Remo, con barcos dragón, disputado esta fin de semana en Tui. Chegaron por diante á meta os equipos da Universidade de Minho, a gañadora, seguido da Universidade de Vigo.
O cuarto posto foi para a Universidade Tras dos Montes e Alto Douro, o quinto para A Coruña e, finalmente, o sexto para Porto.
Foi este un evento deportivo único, promovido polo Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) para promover a alianza estratéxica de cooperación transfronteiriza, que contará coa participación da comunidade académica da Eurorrexión e que pretende converterse nunha cita anual tendo como referencia a competición internacional Oxford Cambrige