Skip to main content

Unha mesa redonda repasará en Lugo o percorrido das mulleres nas enxeñarías en Topografía e Obras Públicas

Catro mulleres que desenvolven o seu traballo como enxeñeiras técnicas en Topografía ou Obras Públicas participarán na mesa redonda que se desenvolverá este xoves 27 ás 18:00 horas no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo. Intervirán a enxeñeira en Cartografía e Xeodesia María Iniesto, e as enxeñeiras en Topografía Concepción Fernández, Cristina López e Jennifer Martínez.
Este encontro é o segundo organizado pola EPS baixo o título xenérico ‘A muller e a enxeñaría: presente e futuro a debate’ co fin de conmemorar o centenario da Real Orde do 8 de marzo de 1910 pola que as mulleres podían estudar libremente nas universidades españolas.

The contents of this page were updated on 05.26.2010.