Skip to main content

Estudantes de Medicina celebran o domingo en Santiago o Día Mundial da Saúde

Estudantes da asociación Meiga da Facultade de Medicina celebrarán durante todo o domingo, 9 de maio, na Praza Roxa compostelá o Día Mundial da Saúde.
Xunto a actividades orientadas a nenos e nenas, os estudantes realizarán a quen o desexe diversas exploracións físicas como da tensión arterial, grupo sanguíneo ou índice de masa corporal.
Ademais, ofrecerán información práctica e útil en forma de charlas sobre diferentes cuestións médicas. A primeira, sobre diabetes e celiaquía, será ás 11.30 horas, para continuar ás 13:00 con outra sobre alzheimer e párkinson. Xa pola tarde as charlas versarán sobre o cancro ás 16:30 horas e sobre o infarto de corazón e cerebral dúas horas máis tarde.

The contents of this page were updated on 05.07.2010.