Skip to main content

Cumio en Santiago de asociacións de antigos alumnos e amigos de universidades españolas e portuguesas

Con motivo do Ano Santo Compostelán, antigos estudantes de Universidades portuguesas e españolas daranse cita en Santiago este sábado, 12 de xuño, nunha peregrinación de membros da Federación de Asociacións de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españolas. Os peregrinos chegarán á Praza da Inmaculada ás 11:00 horas para asistir na Catedral, unha hora máis tarde, á misa na que o presidente da Federación de Asociacións de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españolas lerá a invocación ao Apóstolo Santiago. A xornada estará amenizada pola Asociación de Antigos Tunos da Universidade de Coimbra, que recibiu a Orde de Mérito polo presidente da República e en 2004 a medalla de Mérito Cultural da Cidade de Coimbra.

The contents of this page were updated on 06.11.2010.