Skip to main content

Estudantes estranxeiros da USC participan este xoves en Santiago no ‘International Day’

Estudantes estranxeiros da USC participan este xoves en Santiago no ‘International Day’
Estudantes estranxeiros da USC participan este xoves en Santiago no ‘International Day’
Proporcionarán información acerca dos seus países aos estudantes da USC interesados en cursar estudos en Universidades de fóra

Os estudantes estranxeiros no Campus de Santiago serán estes xoves, 2 de decembro, os protagonistas do International Day que se celebrará nun ambiente distendido e festivo na Facultade de Xeografía e Historia co fin de achegar as súas universidades e culturas á comunidade da USC. Esta xornada, organizada en colaboración coa Asociación Enxebre Compostela, celebrarase o vindeiro día 14 en Lugo. Nesta segunda convocatoria do International Day está confirmada a presenza de estudantes de Italia, Polonia, Inglaterra, Rusia, Xeorxia, México, Perú, Chile, Arxentina, Nicaragua, Bolivia, Venezuela, Turquía, Uzbekistán, Kazajistán e Tajikistán. Os estudantes deses lugares presentarán os seus países de orixe, con referencias á xeografía, historia, gastronomía e mesmo á vida estudantil en diferentes postos e presentacións preparadas por eles mesmos. A inauguración terá lugar ás 11:30 horas no claustro da planta baixa da Facultade nun acto que preside o reitor, Juan Casares Long. A continuación, e ata a hora do almorzo (con pratos típicos elaborados polos estudantes), terá lugar a primeira serie de presentacións, que se repetirá pola tarde. A xornada rematará no Café Concerto Retablo (Rúa Nova, 13), ás 22:00 horas, coa entrega de premios aos mellores stands e presentacións. Coa celebración desta xornada preténdese que os estudantes, docentes e persoal da USC coñezan de primeira man outros países, así como as oportunidades de estudo e traballo que ofrecen a través do contacto directo e o intercambio de experiencias cos alumnos estranxeiros.

The contents of this page were updated on 12.01.2010.