Skip to main content

Lugo Cultural entregará este mércores os premios do XVI Maratón Fotográfico do Campus de Lugo

Inaugurarán tamén a mostra cos traballos presentados ao certame

Representantes das entidades que conforman o proxecto Lugo Cultural entregarán este mércores 2 de xuño ás 20:00 horas na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria os premios da décimo sexta edición do Maratón Fotográfico do campus lugués e inaugurarán a mostra cos traballos presentados.
A este acto asistirán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo e membro do xurado do Maratón, Carlos Herrero; o delegado territorial da Xunta de Galicia, Xosé Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; a concelleira de Cultura, Nuria Mundiña; e o xerente territorial da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez. Tamén estarán presentes os outros dous compoñentes do xurado, o coordinador do Espazo de Fotografía da USC, Eduardo Ochoa, e o fotógrafo Carlos Valcárcel.
Un certame consolidadoCorenta e seis persoas participaron este ano na edición más concorrida do Maratón Fotográfico, que tivo como temas centrais a muralla e os olores, ademais do tema libre habitual na modalidade analóxica.
Os participantes optaban a un total de cinco premios, o de 120 euros para a mellor fotografía de cada tema, modalidade analóxica e dixital; 120 euros para a mellor fotografía de tema libre; 206 euros para a película de nivel medio máis alto; e o galardón ‘Carlos Valcárcel’, dotado con 236 euros, que se concede á mellor fotografía presentada por calquera persoa que asistise a algún dos cursos de formación fotográfica da USC.

The contents of this page were updated on 06.01.2010.