Skip to main content

A promoción 1954-1959 de Filosofía e Letras celebrou as súas vodas de ouro

Os alumnos da promoción 1954-1959 de Filosofía e Letras celebraron o sábado a súa volta á Universidade. Os actos da xornada, organizados polas antigas alumnas Rita Posse, Lola Iglesias, Remedios Malmierca e Clara Barreiro, comezaron no Recanto da Saudade onde descubriron a placa que lembra a súa promoción. Alí foron recibidos pola secretaria da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Luisa Balsa.
A continuación trasladáronse ao Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia para levar a cabo un acto académico no que participaron o vicerreitor da Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán, e o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso Montero. Interviñeron tamén como representantes da promoción homenaxeada Carlos Baliñas e Clara Barreiro.

The contents of this page were updated on 06.30.2009.