A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Orbazai cédelle á EPS terreos para prácticas
A USC e os propietarios da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Orbazai en Lugo asinan este xoves 25 un convenio para pór a disposición de alumnos e profesores da Escola Politécnica Superior unha superficie de monte para poder realizar distintas actividades docentes.
Ao acto, que terá lugar ás 12:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, asistirán o vicerreitor de Coordinación, Carlos Herrero; o director da EPS, Javier Bueno; a subdirectora de prácticas e orientación laboral, Rosa Romero; o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Orbazai, Pablo González Méndez; e o secretario e o tesoureiro da agrupación, José María Real Cebral e Ángel Seijo Varela, respectivamente.