Skip to main content

Maite Cancelo, elixida vicepresidenta da Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa

Maite Cancelo, decana de Ciencias Económicas e Empresariais
Maite Cancelo, decana de Ciencias Económicas e Empresariais

A decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, Maite Cancelo, resultou elixida vicepresidenta da Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa (Confede) que se reuniu a pasada semana en Valencia.
Os decanos abordaron no encontro os novos plans de estudo conforme ao Espazo Europeo de Educación Superior e a validación das materias relacionadas coa economía e a empresa nas ensinanzas medias, principais retos aos que se enfronta hoxe a Confede.

The contents of this page were updated on 04.02.2009.