Skip to main content

Actuación do Espazo de Danza da USC no Campus de Lugo

O Espazo de Danza da Vicerreitoría de Cultura da USC actuará este xoves 16, ás 19:30 horas, no Auditorio da Facultade de Veterinaria, dentro das actividades do curso de verán da USC ‘Novas perspectivas en seguridade alimentaria’, que se está a desenvolver dende o luns neste mesmo centro do Campus de Lugo.
Os bailaríns representarán ‘Mes-tura’, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera. Esta peza, que xa se estreou na Universidade de Estremadura, será a última actuación do grupo dentro do curso 2008-2009.
A mensaxe do espectáculo, froito do Taller de Creación Coreográfica, fala das razas, fronteiras, sensacións e culturas que forman un conglomerado nos distintos espazos e, ao mesmo tempo, conviven nun mundo cada vez máis globalizado.

The contents of this page were updated on 07.15.2009.