Skip to main content

Os Estatutos non acadan no Claustro a maioría suficiente para seren aprobados

Os Estatutos da Universidade de santiago non acadaron esta tarde no Claustro a maioría suficiente para seren aprobados. En segunda votación, do total de 280 claustrais emitiron o seu voto 138, co resultado de 106 a favor, 30 en contra e 2 en branco.
Segundo rezan os actuais Estatutos, necesitaríase dunha maioría absoluta que, dada a actual configuración do órgano de goberno, hoxe serían 141 votos favorables.

The contents of this page were updated on 12.02.2009.