Skip to main content

Inaugúrase o luns en Vilagarcía un curso sobre o tratamento xurídico de conflitos relacionados coa saúde

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A Universidade de Santiago inaugura este luns 14 no Auditorio de Vilagarcía o curso 'Dislexia: implicacións na linguaxe verbal e matemática'. O acto de apertura está previsto para as 15:30 horas, coa intervención da vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo Francisco.
Neste curso dirixido por Paula Outón Oviedo daranse a coñecer, ata o 18 de setembro, as principais liñas de investigación que se están a desenvolver no ámbito da dislexia.
Ao longo de 30 horas lectivas, o obxectivo será adquirir, comprendendo e valorando criticamente, os coñecementos que se presentan nos contidos do curso, así como integrar e aplicar eses coñecementos para elaborar programas de intervención na linguaxe verbal e matemática adaptados a escolares e adultos disléxicos.

The contents of this page were updated on 09.11.2009.