Skip to main content

A Universidade pon en marcha un obradoiro de expresividade corporal para axudar aos nenos a prever problemas de integración social

Será gratuíto e impartirase a finais de marzo na Unidade de Atención Temperá

A Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo para participar nun obradoiro de psicomotricidade dirixido a nenos, coa intención de favorecer o seu desenvolvemento a través do xogo e da creación plástica.
Por medio de actividades como saltar, rodar, gabear ou mesmo xogar con obxectos, os menores poderán, da man de profesionais no campo, dar un paso máis no seu desenvolvemento persoal para así prever posibles problemas de integración social nun futuro.
As actividades completaranse con accións para fomentar a linguaxe e a expresividade plástica e gráfica. Será en sesións de dúas horas á semana nas que se axudará á maduración psicolóxica do neno a partir da acción e do xogo.
Para nenos de catro anos A actividade, con 32 prazas para nenos de catro anos e con carácter gratuíto, desenvolverase a finais de marzo nas instalacións da Unidade de Atención Temperá da Facultade de Psicoloxía.
O prazo de inscrición deste curso de iniciación á psicomotricidade en nenos normais xa está aberto. Os interesados deberán contactar con María del Carmen Ferreiro no número de teléfono 981563100, extensión 13741 ou enviar un correo electrónico a pebuceta [at] usc.es (pebuceta[at]usc[dot]es) ou mdelcarmen.ferreiro [at] rai.usc.es (mdelcarmen[dot]ferreiro[at]rai[dot]usc[dot]es)

The contents of this page were updated on 03.04.2008.