Skip to main content

Faleceu Lilia Esteba, viúva de Alejo Carpentier

Lilia Esteban, viúva de Alejo Carpentier (A Habana, 1904-1980), faleceu na madrugada do pasado luns na Habana aos 95 anos. A Universidade de Santiago manifesta as súas máis sinceras condolencias polo pasamento da que era albacea da obra do escritor cubano e promotora da Fundación Alejo Carpentier que dirixiu dende o seu inicio en 1993. Neste senso, o reitor Senén Barro transmitiu á Fundación o máis fondo pesar “en nome propio e no da Universidade de Santiago por tan irreparable perda”.
Insignia de Ouro da USC, Lilia Esteban mantiña unha estreita relación coa institución docente compostelá a través da Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier creada en 1994 e da que é na actualidade directora a profesora Ana Chouciño.
La consagración de la primavera, Los pasos perdidos, e El siglo de las luces foron algunhas das obras do seu marido que Lilia Esteban autorizou a reimprimir en anos recentes co apoio do Instituto Cubano do Libro.

The contents of this page were updated on 02.14.2008.