Skip to main content

A evolución do documento escrito a través do tempo, eixo temático dun mostra na Facultade de Filoloxía

A evolución experimentada polos documentos escritos en canto aos seus soportes, funcións ou tipos é o argumento da mostra ‘Fármaco da memoria. O documento escrito a través do tempo’ aberta ao público no vestíbulo da Facultade de Filoloxía ata o día 26 de abril.
Esta mostra chega á institución académica compostelá cedida pola Universidade de Alcalá e realizada polos grupos de investigación desta universidade, LEA (Lectura, escritura e alfabetización) e GITHE (Textos para la historia del español).
A exposición é unha invitación a percorrer o uso da escritura ao longo da historias, os seus múltiples sistemas en lugares e épocas diferentes, os tipos de documentos, a súa funcións en sociedades diversas, dende os máis elevados usos aos máis humildes ou o seu papel na configuración da lingua moderna, trátase en suma, “dun instrumento sen o que o cal o concepto mesmo de historia non existiría”, engaden os responsables desta iniciativa.
De xeito paralelo á mostra, está previsto que a vindeira semana se celebre un ciclo de conferencias no que especialistas da USC e da Universidade de Alcalá profundarán na relación entre o documento escrito e a historia da lingua española e entre a escritura, a emigración e a guerra na época contemporánea, así como na utilización da rede para a investigación do documento escrito en Galicia.
O conxunto de actividades a desenvolver en Santiago está coordinado por Marta Blanco e Elena Rivas, do Departamento de Lingua Española da USC, e por Víctor Santidrián, da Fundación 10 de Marzo.

The contents of this page were updated on 04.07.2008.