Skip to main content

A asociación Punto Gal disporá dunha oficina administrativa no Campus Sur da USC

A asociación Punto Gal disporá dunha oficina administrativa no Campus Sur, para o que a Universidade lle cede gratuitamente un espazo nas dependencias do Servizo de Normalización Lingüística universitario. Así o acordaron esta mañá o reitor Senén Barro e o presidente de Punto Gal, Manuel González.
Punto Gal pretende entre os seus obxectivos acadar un dominio de carácter lingüístico e cultural diante da ICANN, organismo encargado de autorizar e recoñecer os dominios na rede, reto que agardan ter conseguido a comezos de 2009. Do mesmo xeito, ten como fin realizar campañas de divulgación e concienciación relacionadas coa utilización e popularización da rede en Galicia.
Segundo explicou o presidente da asociación no acto de sinatura do convenio de colaboración, a USC foi das primeiras institucións que apoiaron “decididamente” esta iniciativa, á vez que “dende sempre” mantén un compromiso firme coa sociedade da información e a comunicación, como lembrou o reitor.

The contents of this page were updated on 12.10.2007.