A clausura do V Congreso de Innovación Docente en Enxeñaría Química servirá de marco para o acto de homenaxe ao profesor Juan M. Lema Rodicio co gallo da súa xubilación

Presidido polo reitor Antonio López, o acto desenvolverase a partir das 17.30 horas na ETSE. Ademais do propio homenaxeado, intervirán os profesores da USC Alberto Arce Arce e Ramón Méndez Pampín; así como Carles Solà Ferrando da Universidade Autónoma de Barcelona, Fernando Fernández-Polanco da Universidade de Valladolid e Pilar Bermejo Barrera da Real Academia Galega de Ciencias, presidida polo propio Lema Rodicio. No acto, proxectaranse vídeos de Gatze Lettinga, honoris causa pola USC da Universidade de Wageningen en Holanda; así como de Willy Verstraete da Universidade de Ghent en Bélxica.
No Hostal dos Reis Católicos, ás 19.45, celebrarse outro acto na honra do homenaxeado. A apertura correrá a cargo de Gumersindo Feijoo Costa, Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC. No acto tamén tomarán parte Noa Díaz Varela, concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago de Compostela; e Mª Jesús Tallón Nieto, subdirectora Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Xunta de Galicia. Un cóctel de benvida na Sala do Arte con música a cargo de Anne Toming e unha cea de homenaxe na Capela Real, ás 21.00 horas, pecharán a xornada.