Skip to main content

Conferencia

'Concepción Arenal Hoxe'

Venres 31, ás 13.00 horas

Santiago

A ex xuíza Manuela Carmena aborda a figura de Concepción Arenal

Manuela Carmena
Manuela Carmena

A USC celebra este venres 31 o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte, diplomada en Dereito, escritora, xornalista, poeta e autora dramática, cunha nutrida axenda de actos que servirá para reivindicar a súa figura e que se estenderá ao longo deste ano 2020. Nesta liña, a xuíza emérita e ex alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, impartirá este venres, a partir das 13.00 horas, un relatorio no Salón de Actos da Facultade de Dereito, baixo o título ‘Concepción Arenal hoxe’. 

The contents of this page were updated on 01.30.2020.