Skip to main content

Entrega de galardóns

VI edición dos Premios Valentín Paz Andrade

02.19.2020 | 12.30h

Colexio San Xerome
Santiago

O reitor Antonio López presidirá este mércores 19, ás 12.30 horas, no Salón de Graos do Colexio San Xerome, a entrega dos galardóns da VI edición dos Premios Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia.

O acto terá lugar no Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite
O acto terá lugar no Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite

Agustín Hernández Fernández, presidente do Consello Económico e Social, así como Alberto Meixide Vecino, director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), acompañarán ao reitor na cerimonia de entrega. 

Estes galardóns están convocados conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e o IDEGA, co obxecto de premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.
 

The contents of this page were updated on 02.18.2020.