Skip to main content

Concerto

'O piano do século XX'

02.28.2020 | 20.30h

Santiago
Paraninfo da Universidade

O recital será interpretado pola pianista Ana Senn, que desempeña a súa actividade a través da música a solo, orquestral e de cámara

A pianista Ana Senn no cartaz do recital
A pianista Ana Senn no cartaz do recital

As obras recollidas neste recital de piano son anteriores aos anos vinte do século pasado, a principios do cal conviven en Europa diferentes estéticas artísticas: impresionismo, neoclasicismo, nacionalismos, expresionismo... Esta época resulta ser moi rica no plano pianístico, xa que, fuxindo da hiperbolización romántica, ábrense novas vías de expresión ata agora nunca explotadas.

Os recursos empregados abordan a búsqueda de novas sonoridades e escrituras, dando lugar a unha variedade que se extende desde os aspectos máis arcaicos e primitivos ata a maior das sutilezas. É o momento da recreación dunha música popular non idealizada, da inclusión do mundo das máquinas na música, así como da sinxeleza, a abstracción ... 

Reflexo destes diferentes estilos da primeira metade do século XX, son as 'Quince cancións campesiñas húngaras', de Bartók, onde o trasfondo da música popular mestú­rase coa influencia de Debussy. A música de Mompou, neste caso 'Cants magics', é, en palabras de Arkadi Volados, "un son nostálxico, minimalista, como Ravel. Mompou dicía que o silencio é a eternidade sonora, a súa música é pura metafísica". As 'Pezas, op. 32' deixan ver o gusto poi a danza e coreografía en Prokofiev, en estilo e forma neoclásica. A 'Sonatina' de Ravel, é unha mestura de sonoridades impresionistas baixo unha forma e escritura neoclásica. 

Ana Senn interpretou en escenarios de diversos países, desde España a Portugal, Eslovenia ou Alemaña. Realizou os seus estudos musicais entre as cidades de Oporto, Vigo ( onde finaliza con Premio Extraordinario Fin de Grao Superior) e Madrid. Na súa formación resultaron imprescindibles as ensinanzas de pianistas como Severino Ortiz, Anna Fedorova, Daniel del Pino, Vladimira Smausova ou András Kemenes, entre outros.  Actualmente, é profesora de música de cámara no Conservatorio Profesional de Zara­goza, e continúa a súa formación pianística con Mariana Gurkova. 

A entrada ao recital é libre ata completar aforo.

The contents of this page were updated on 02.24.2020.