O recital será interpretado pola pianista Ana Senn, que desempeña a súa actividade a través da música a solo, orquestral e de cámara
As obras recollidas neste recital de piano son anteriores aos anos vinte do século pasado, a principios do cal conviven en Europa diferentes estéticas artísticas: impresionismo, neoclasicismo, nacionalismos, expresionismo... Esta época resulta ser moi rica no plano pianístico, xa que, fuxindo da hiperbolización romántica, ábrense novas vías de expresión ata agora nunca explotadas.
Os recursos empregados abordan a búsqueda de novas sonoridades e escrituras, dando lugar a unha variedade que se extende desde os aspectos máis arcaicos e primitivos ata a maior das sutilezas. É o momento da recreación dunha música popular non idealizada, da inclusión do mundo das máquinas na música, así como da sinxeleza, a abstracción ...
Reflexo destes diferentes estilos da primeira metade do século XX, son as 'Quince cancións campesiñas húngaras', de Bartók, onde o trasfondo da música popular mestúrase coa influencia de Debussy. A música de Mompou, neste caso 'Cants magics', é, en palabras de Arkadi Volados, "un son nostálxico, minimalista, como Ravel. Mompou dicía que o silencio é a eternidade sonora, a súa música é pura metafísica". As 'Pezas, op. 32' deixan ver o gusto poi a danza e coreografía en Prokofiev, en estilo e forma neoclásica. A 'Sonatina' de Ravel, é unha mestura de sonoridades impresionistas baixo unha forma e escritura neoclásica.
Ana Senn interpretou en escenarios de diversos países, desde España a Portugal, Eslovenia ou Alemaña. Realizou os seus estudos musicais entre as cidades de Oporto, Vigo ( onde finaliza con Premio Extraordinario Fin de Grao Superior) e Madrid. Na súa formación resultaron imprescindibles as ensinanzas de pianistas como Severino Ortiz, Anna Fedorova, Daniel del Pino, Vladimira Smausova ou András Kemenes, entre outros. Actualmente, é profesora de música de cámara no Conservatorio Profesional de Zaragoza, e continúa a súa formación pianística con Mariana Gurkova.
A entrada ao recital é libre ata completar aforo.