Skip to main content

COVID-19: Medidas adoptadas a 23 de marzo de 2020

#euquedonacasa
#euquedonacasa
Conxunto de medidas adoptadas para adaptar o funcionamento da USC á situación excepcional froito da crise pola COVID-19 ou coronavirus.

Conxunto de medidas adoptadas para adaptar o funcionamento da USC á situación excepcional froito da crise pola COVID-19 ou coronavirus.

Para a comunidade universitaria

  1. Suspensión do cobro das cotas a todos os residentes do Sistema Universitario de Residencias da USC mentres dure esta situación excepcional de suspensión da actividade docente presencial, así como das cotas doutros servizos de extensión universitaria que se atopan suspendidos.

  2. Creación dunha liña de axudas, que se lanzará nos próximos días e da que se dará cumprida información, cuxo obxectivo principal será a conexión a Internet do alumnado para poder seguir con maiores garantías de conexión a docencia en remoto.
     
  3. Creación dunha Oficina Virtual de Atención, para dar mellor servizo a toda a comunidade, onde se atenderán demandas de información por vía telefónica, correo electrónico e WhatsApp. No sitio web habilitado para toda a información relacionada coa USC derivada da situación provocada pola crise da COVID-19 poderase atopar información ao respecto nos próximos días.
     
  4. Publicación dunha páxina web de Preguntas Frecuentes que está sendo actualizado de maneira constante onde os membros da comunidade da USC poden consultar as demandas de información que máis se repiten

Sobre o traballo en remoto

  1. Vén de publicarse unha páxina web que actuará como centro de información ao respecto. As seccións da mesma e os documentos que recompilan ferramentas a disposición de profesorado e alumnado serán constantemente actualizados.
     
  2. Están a elaborarse vídeo titoriais para profesorado e alumnado que permitan coñecer mellor as ferramentas para a docencia en remoto das que dispón tanto o profesorado como o alumnado (Campus Virtual ou Office 365, por exemplo). Colgaranse na canle de Youtube oficial da USC.
  3. Tamén se decidiu proceder á compra de licenzas que permitan o uso dende os domicilios particulares de certas ferramentas co obxectivo de que a docencia non presencial non menoscabe as posibilidades de aprendizaxe do alumnado e permita ao profesorado desenvolver, coa maior normalidade, a docencia. Algunhas destas primeiras licenzas son Matlab e +Eviews, estase explorando o caso de SPSS e Hysys así como se valorarán novas incorporacións a este listado.

Sobre cuestións académicas

  1. Co obxectivo de adaptarnos a estes tempos complexos, no ámbito da docencia veño de asinar unha resolución (Resolución Reitoral de 23 de marzo) que sinala a necesidade de adaptación das guías docentes a esta situación excepcional de suspensión da docencia presencial. Ao longo desta semana débense adaptar todos os apartados a excepción do que refire á avaliación, que se tratará nun momento posterior, cando teñamos datos certos que nos permitan determinar se procede a avaliación presencial ou debemos buscar outras alternativas.
     
  2. Neste mesmo ámbito, tomouse a decisión de valorar positivamente a posibilidade de que se poidan realizar as prácticas ata o mes de setembro, prevendo tamén que, de xeito excepcional, sexa posible defender os TFG antes de rematar o período de prácticas.
The contents of this page were updated on 03.24.2020.