Para todos aqueles estudantes que teñan conexións a Internet febles ou inestables a USC pon a súa disposición un conxunto de aulas nas que co seu portátil poden conectarse con seguridade e facer as avaliacións.
Estas aulas están distribuídas por toda a xeografía galega e para facer uso delas é preciso solicitalo con antelación.
Aulas na USC
A USC disporá de dúas aulas, unha en Lugo e outra en Santiago.
Campus de Lugo: Sala Norvet na Facultade de Veterinaria

Campus de Santiago: Sala de lectura na Facultade de Dereito

Para reservar en calquera delas preme no seguinte enlace: RESERVA
Aulas na UDC
A UDC dispón de aulas en tres centros para a realización das avaliacións e poden ser usadas por estudantes das tres universidades galegas
- Centro Universitario de Riazor (Campus de Riazor)
- Xoana Capdevielle (Campus de Elviña)
- Edificio de apoio ao estudo (Campus de Esteiro)
Para reservar en calquera delas preme no seguinte enlace RESERVA
Aulas da rede CeMIT da Xunta de Galicia
A AMTEGA, xunto coa FEGAMP e as tres universidades galegas poñen a disposición dos estudantes universitarios as aulas CeMIT de diversos concellos para a realización das probas de avaliación.
Listaxe de concellos que dispoñen de aulas abertas e instrucións para acceder a elas