Pasar al contenido principal

Aulas con reforzo WiFi

Para todos aqueles estudantes que teñan conexións a Internet febles ou inestables a USC pon a súa disposición un conxunto de aulas nas que co seu portátil poden conectarse con seguridade e facer as avaliacións.

Estas aulas están distribuídas por toda a xeografía galega e para facer uso delas é preciso solicitalo con antelación.

Aulas na USC

A USC disporá de dúas aulas, unha en Lugo e outra en Santiago.

Campus de Lugo:  Sala Norvet na Facultade de Veterinaria

Facultade de Veterinaria

Campus de Santiago: Sala de lectura na Facultade de Dereito

Facultade de dereito

Para reservar en calquera delas preme no seguinte enlace: RESERVA


Aulas na UDC

A UDC dispón de aulas en tres centros para a realización das avaliacións e poden ser usadas por estudantes das tres universidades galegas     

  • Centro Universitario de Riazor (Campus de Riazor)     
  • Xoana Capdevielle (Campus de Elviña)     
  • Edificio de apoio ao estudo (Campus de Esteiro)

Para reservar en calquera delas preme no seguinte enlace RESERVA


Aulas da rede CeMIT da Xunta de Galicia

A AMTEGA, xunto coa FEGAMP e as tres universidades galegas poñen a disposición dos estudantes universitarios as aulas CeMIT de diversos concellos para a realización das probas de avaliación.

Listaxe de concellos que dispoñen de aulas abertas e instrucións para acceder a elas

Protocolo de acceso ás Aulas CeMIT