Skip to main content

Inicio de curso 2020/2021

Indicacións para o comezo de curso 2020/2021

Estudantes na Facultade de Matemáticas
  1. Por responsabilidade individual e como medida de autoprotección, non debes acudir ao centro no caso de presentar algún tipo de sintomatoloxía compatible coa COVID-19.
Cartel "Queda na casa"
Cartel "Queda na casa"
  1. O uso da máscara é obrigatorio en calquera dependencia da Universidade. A USC farache entrega, a través da conserxería do teu centro, dunha máscara hixiénica reutilizable.
Cartel "Usa máscara"
Cartel "Usa máscara"
  1. Tes á túa disposición a canle oficial de Youtube da Universidade onde poderás atopar titoriais de uso das diferentes ferramentas que se empregarán na docencia. O uso do Campus Virtual así como o de Microsoft Teams ou as posibilidades que achega a suite Office 365 á que tes acceso como estudante da USC son algunhas das materias que se revisan nos vídeos.

    Tamén podes atopar titoriais oficiais de Microsoft:
     

  2. Debes estar pendente das canles de comunicación oficiais da USC (páxina web, aplicación móbil, redes sociais, correo electrónico corporativo e Campus Virtual) xa que algunhas medidas serán actualizadas de xeito permanente atendendo ás indicacións das autoridades sanitarias. Tamén é importante que poñas atención nas canles de comunicación co teu centro e profesorado xa que che permitirán desenvolver a túa actividade no centro, aulas e materias do mellor xeito posible. 
     
  3. Recomendámosche que instales:
     
    • A aplicación oficial da USC (iOS / Android): para manterte en contacto constante coa Universidade, recibir información, acceder á túa área persoal e empregar a nova TUI Virtual.
       
    • Radar Covid (iOS / Android): para facilitar o rastrexo de casos positivos por COVID-19 ás autoridades sanitarias e protexernos, un pouco máis, entre todas e todos.

Medidas para unha presenza segura no teu centro

  1. Só poderás acceder ao teu centro (calquera das dependencias). De luns a venres as bibliotecas están reservadas para o alumnado do centro no que se atopen ou para determinados centros no caso das bibliotecas xerais (Intercentros en Lugo e Xeral e Concepción Arenal en Santiago). Durante a fin de semana e os festivos poderás ir á Biblioteca Concepción Arenal en Santiago e á Intercentros en Lugo independentemente do centro ao que pertenzas. Consulta a información da Biblioteca da Universidade de Santiago de  Compostela para saber cal che corresponde e os protocolos a seguir. O acceso a outros centros estará limitado a actividades programadas e farase sempre mediante rexistro co obxectivo de garantir o rastrexo de posibles positivos por COVID-19.
  1. O centro e/ou profesor de cada materia serán os que se comuniquen contigo para determinar que ou cantos días debes asistir presencialmente. Como sabes, o Escenario 1 e o Escenario 2 definidos nas Directrices para unha Docencia Presencial Segura conviven neste curso por motivos sanitarios. Debes estar atento ao correo electrónico, ao Campus Virtual e a aquelas canles que o centro e/ou profesorado estableza contigo.
     
  2. Unha vez chegues ao centro debes seguir as instrucións que poderás atopar en carteis e outras sinalizacións que estarán debidamente colocadas.
  1. O sentido da marcha estará indicado, así coma a necesidade de gardar en todo momento a distancia de seguridade e non pararse en grupos nos espazos comúns. Terás á túa disposicións diferentes puntos con xel sanitizante para que desinfectes as mans.
Cartel "Distancia social"
Cartel "Distancia social"
  1. A capacidade dos aseos viuse limitada polo que cando teñas que facer uso deles respecta as normas que estarán colocadas na porta así coma a distancia de seguridade no caso de ter que agardar. Reitera o lavado de mans con auga e xabón durante 40 segundos.
  1. Cada centro conta cun “Responsable COVID” así coma cunha sala para illar posibles casos mentres se toman medidas para que a persoa poida deixar o centro con garantías sanitarias para todas/os. Esta información poderás atopala no protocolo específico do teu centro.
Cartel "Hixiene"
Cartel "Hixiene"
  1. Para reforzar o papel do responsable COVID e colaborar dun xeito activo na continuada sensibilización da nosa comunidade promovendo o cumprimento das medidas de hixiene e comportamentos sociais axeitados, púxose en marcha o Programa de Voluntariado fronte á COVID-19. A participación no programa está recoñecida con créditos ECTS para todas as titulacións e o rexistro no mesmo está aberto ata o día 28 deste mes.

  2. As cafeterías só terán unha porta de entrada. Nelas debes respectar todas as medidas que na mesma se establezan ao respecto da seguridade persoal e colectiva. 

  3. Usa as escaleiras preferentemente. No caso de ter a necesidade de usar o ascensor, faino só, non toques paredes nin espellos nin retires a máscara no interior.  

Medidas de actuación nas aulas

  1. O uso da máscara na aula é obrigatorio.
     
  2. Á entrada da aula disporás de xel sanitizante de obrigado uso.
     
  3. Os postos que se poden empregar estarán sinalados e numerados a unha distancia de 1,5 metros. Debes empregar sempre o mesmo lugar. Unha vez esteas sentada/o deberás entrar na Secretaría Virtual, onde terás unha opción para rexistrar a túa presenza nesa materia, nesa aula, no número de asento que ocupes. Esta medida non ten efectos académicos. O obxectivo é garantir que as autoridades sanitarias poidan rastrexar posibles positivos por COVID-19. (Podes reproducir os vídeos desta ligazón para ver o proceso de rexistro, para o alumnado, e de consulta, para o profesorado)
     
  4. A limpeza e desinfección nos centros refórzase e, ademais, nos corredores do centro atoparás kits de autolimpeza con desinfectante e papel para que poidas, en calquera momento, proceder á desinfección do posto que vaias ocupar.
     
  5. As bibliotecas contan tamén cun protocolo contra a COVID-19 que deberedes seguir guiados pola sinalización e polas indicacións das/os bibliotecarias/os.

Medidas de actuación tras a aparición dun caso diagnosticado de covid-19

  1. Os protocolos adoptados que podes consultar na web (ligazón activa nas próximas horas) obedecen ás ordes e recomendacións das autoridades sanitarias autonómicas.
     
  2. Se te atopas mal durante calquera actividade académica deberás auto-illarte na sala de illamento do teu centro reservada para ese fin. Podes atopar a localización no protocolo do teu centro (ligazón activa nas próximas horas). 
     
  3. Na sala de illamento atoparás máscaras cirúrxicas. Deberás pór unha no caso de que portes unha máscara hixiénica. 
     
  4. Atoparás un teléfono cos números aos que precisas chamar e cos pasos a seguir.
     
  5. Avisa á conserxería do centro para que saiban que te atopas nesa sala e indícalles se precisas algo.
     
  6. Chama ao 900 400 116 ou ao teu centro de saúde e sigue as instrucións que che dean. Se tes sensación de falta de aire ou te atopas mal, chama ao 061.
The contents of this page were updated on 09.20.2020.