
- Por responsabilidade individual e como medida de autoprotección, non debes acudir ao centro no caso de presentar algún tipo de sintomatoloxía compatible coa COVID-19.

- O uso da máscara é obrigatorio en calquera dependencia da Universidade. A USC farache entrega, a través da conserxería do teu centro, dunha máscara hixiénica reutilizable.

- Tes á túa disposición a canle oficial de Youtube da Universidade onde poderás atopar titoriais de uso das diferentes ferramentas que se empregarán na docencia. O uso do Campus Virtual así como o de Microsoft Teams ou as posibilidades que achega a suite Office 365 á que tes acceso como estudante da USC son algunhas das materias que se revisan nos vídeos.
Tamén podes atopar titoriais oficiais de Microsoft:
- Específico de Microsoft Teams
- Específico de Microsoft OneDrive
- Debes estar pendente das canles de comunicación oficiais da USC (páxina web, aplicación móbil, redes sociais, correo electrónico corporativo e Campus Virtual) xa que algunhas medidas serán actualizadas de xeito permanente atendendo ás indicacións das autoridades sanitarias. Tamén é importante que poñas atención nas canles de comunicación co teu centro e profesorado xa que che permitirán desenvolver a túa actividade no centro, aulas e materias do mellor xeito posible.
- Recomendámosche que instales:
- A aplicación oficial da USC (iOS / Android): para manterte en contacto constante coa Universidade, recibir información, acceder á túa área persoal e empregar a nova TUI Virtual.
- Radar Covid (iOS / Android): para facilitar o rastrexo de casos positivos por COVID-19 ás autoridades sanitarias e protexernos, un pouco máis, entre todas e todos.
- A aplicación oficial da USC (iOS / Android): para manterte en contacto constante coa Universidade, recibir información, acceder á túa área persoal e empregar a nova TUI Virtual.
Medidas para unha presenza segura no teu centro
- Só poderás acceder ao teu centro (calquera das dependencias). De luns a venres as bibliotecas están reservadas para o alumnado do centro no que se atopen ou para determinados centros no caso das bibliotecas xerais (Intercentros en Lugo e Xeral e Concepción Arenal en Santiago). Durante a fin de semana e os festivos poderás ir á Biblioteca Concepción Arenal en Santiago e á Intercentros en Lugo independentemente do centro ao que pertenzas. Consulta a información da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela para saber cal che corresponde e os protocolos a seguir. O acceso a outros centros estará limitado a actividades programadas e farase sempre mediante rexistro co obxectivo de garantir o rastrexo de posibles positivos por COVID-19.
- O centro e/ou profesor de cada materia serán os que se comuniquen contigo para determinar que ou cantos días debes asistir presencialmente. Como sabes, o Escenario 1 e o Escenario 2 definidos nas Directrices para unha Docencia Presencial Segura conviven neste curso por motivos sanitarios. Debes estar atento ao correo electrónico, ao Campus Virtual e a aquelas canles que o centro e/ou profesorado estableza contigo.
- Unha vez chegues ao centro debes seguir as instrucións que poderás atopar en carteis e outras sinalizacións que estarán debidamente colocadas.
- O sentido da marcha estará indicado, así coma a necesidade de gardar en todo momento a distancia de seguridade e non pararse en grupos nos espazos comúns. Terás á túa disposicións diferentes puntos con xel sanitizante para que desinfectes as mans.

- A capacidade dos aseos viuse limitada polo que cando teñas que facer uso deles respecta as normas que estarán colocadas na porta así coma a distancia de seguridade no caso de ter que agardar. Reitera o lavado de mans con auga e xabón durante 40 segundos.
- Cada centro conta cun “Responsable COVID” así coma cunha sala para illar posibles casos mentres se toman medidas para que a persoa poida deixar o centro con garantías sanitarias para todas/os. Esta información poderás atopala no protocolo específico do teu centro.

-
Para reforzar o papel do responsable COVID e colaborar dun xeito activo na continuada sensibilización da nosa comunidade promovendo o cumprimento das medidas de hixiene e comportamentos sociais axeitados, púxose en marcha o Programa de Voluntariado fronte á COVID-19. A participación no programa está recoñecida con créditos ECTS para todas as titulacións e o rexistro no mesmo está aberto ata o día 28 deste mes.
-
As cafeterías só terán unha porta de entrada. Nelas debes respectar todas as medidas que na mesma se establezan ao respecto da seguridade persoal e colectiva.
-
Usa as escaleiras preferentemente. No caso de ter a necesidade de usar o ascensor, faino só, non toques paredes nin espellos nin retires a máscara no interior.
Medidas de actuación nas aulas
- O uso da máscara na aula é obrigatorio.
- Á entrada da aula disporás de xel sanitizante de obrigado uso.
- Os postos que se poden empregar estarán sinalados e numerados a unha distancia de 1,5 metros. Debes empregar sempre o mesmo lugar. Unha vez esteas sentada/o deberás entrar na Secretaría Virtual, onde terás unha opción para rexistrar a túa presenza nesa materia, nesa aula, no número de asento que ocupes. Esta medida non ten efectos académicos. O obxectivo é garantir que as autoridades sanitarias poidan rastrexar posibles positivos por COVID-19. (Podes reproducir os vídeos desta ligazón para ver o proceso de rexistro, para o alumnado, e de consulta, para o profesorado)
- A limpeza e desinfección nos centros refórzase e, ademais, nos corredores do centro atoparás kits de autolimpeza con desinfectante e papel para que poidas, en calquera momento, proceder á desinfección do posto que vaias ocupar.
- As bibliotecas contan tamén cun protocolo contra a COVID-19 que deberedes seguir guiados pola sinalización e polas indicacións das/os bibliotecarias/os.
Medidas de actuación tras a aparición dun caso diagnosticado de covid-19
- Os protocolos adoptados que podes consultar na web (ligazón activa nas próximas horas) obedecen ás ordes e recomendacións das autoridades sanitarias autonómicas.
- Se te atopas mal durante calquera actividade académica deberás auto-illarte na sala de illamento do teu centro reservada para ese fin. Podes atopar a localización no protocolo do teu centro (ligazón activa nas próximas horas).
- Na sala de illamento atoparás máscaras cirúrxicas. Deberás pór unha no caso de que portes unha máscara hixiénica.
- Atoparás un teléfono cos números aos que precisas chamar e cos pasos a seguir.
- Avisa á conserxería do centro para que saiban que te atopas nesa sala e indícalles se precisas algo.
- Chama ao 900 400 116 ou ao teu centro de saúde e sigue as instrucións que che dean. Se tes sensación de falta de aire ou te atopas mal, chama ao 061.