Skip to main content

Burbulla outubro

O Grupo de Creación Sonora da USC abre 'Sons Creativos' na Casa do Saber

22/10/10 - 20.30 horas

Lugo

O evento de música electroacústica ‘Sons Creativos’, un programa pomovido e coordinado por Xoán Xil e Inmaculada Cárdenas, contempla actuacións do 22 ao 25 de outubro

Cartaz da duodécima edición de 'Sons Creativos'
Cartaz da duodécima edición de 'Sons Creativos'

A nova edición do evento de música electroacústica ‘Sons Creativos’, un programa pomovido e coordinado por Xoán Xil e Inmaculada Cárdenas e que recibe financiamento a través do convenio Lugo Cultural, no que a USC participa xunto co Concello e a Deputación Provincial de Lugo, desenvolverase do 22 ao 25 de outubro na Casa do Saber.

O programa inclúe as actuacións do Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago, integrado por Inmaculada Cárdenas, Mónica Álvarez e Efraín Díaz, que actuará o día 22, ás 20.30 horas. Ao día seguinte intervirá no mesmo escenario ‘Colapso Jam’. ‘Lar Legido’ e ‘Fotogenia’ pecharán a quenda de intervencións os días 24 e 25 de outubro.

The contents of this page were updated on 10.19.2020.