O evento de música electroacústica ‘Sons Creativos’, un programa pomovido e coordinado por Xoán Xil e Inmaculada Cárdenas, contempla actuacións do 22 ao 25 de outubro

A nova edición do evento de música electroacústica ‘Sons Creativos’, un programa pomovido e coordinado por Xoán Xil e Inmaculada Cárdenas e que recibe financiamento a través do convenio Lugo Cultural, no que a USC participa xunto co Concello e a Deputación Provincial de Lugo, desenvolverase do 22 ao 25 de outubro na Casa do Saber.
O programa inclúe as actuacións do Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago, integrado por Inmaculada Cárdenas, Mónica Álvarez e Efraín Díaz, que actuará o día 22, ás 20.30 horas. Ao día seguinte intervirá no mesmo escenario ‘Colapso Jam’. ‘Lar Legido’ e ‘Fotogenia’ pecharán a quenda de intervencións os días 24 e 25 de outubro.