O evento contará con Antonio Bahamonde, Paula López, Natalia Seoane y Rubén Laso como poñentes

Antonio Bahamonde, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Oviedo, presentará o vindeiro venres 30 de outubro a 'Declaración de Málaga', promovida pola Sociedade Científica Informática de España (SCIE), nunha mesa redonda na que participarán os membros do CiTIUS Paula López (investigadora adscrita), Natalia Seoane (investigadora postdoctoral) e Rubén Laso (investigador predoctoral).
A 'Declaración de Málaga' trata sobre unha proposta para sentar as bases de como avaliar a actividade investigadora en informática, aínda que a súa aplicación se podería extender a outras disciplinas. O esencial da proposta é a potenciación da calidade fronte á cantidade da produción investigadora. O patrón para medir esa calidade debería ser unha apreciación subxectiva levada a cabo por expertos valorando o impacto da investigación no ámbito académico e social.
Por outra banda, a declaración subliña que os resultados da investigación deberían ir máis aló das publicacións en revistas especializadas, incluíndo a participación activa en conferencias internacionais de prestixio e la produción de artefactos informáticos.
O evento poderá seguirse en directo en Microsoft Teams, a través da seguinte ligazón.