Ir o contido principal

Mesa redonda

'A avaliación da Investigación: Declaración de Málaga da Sociedade Científica Informática de España (SCIE)'

30.10.2020 | 13.00h-14.00h

O evento contará con Antonio Bahamonde, Paula López, Natalia Seoane y Rubén Laso como poñentes

Antonio Bahamonde
Antonio Bahamonde

Antonio Bahamonde, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Oviedo, presentará o vindeiro venres 30 de outubro a 'Declaración de Málaga', promovida pola Sociedade Científica Informática de España (SCIE), nunha mesa redonda na que participarán os membros do CiTIUS Paula López (investigadora adscrita), Natalia Seoane (investigadora postdoctoral) e Rubén Laso (investigador predoctoral).

A 'Declaración de Málaga' trata sobre unha proposta para sentar as bases de como avaliar a actividade investigadora en informática, aínda que a súa aplicación se podería extender a outras disciplinas. O esencial da proposta é a potenciación da calidade fronte á cantidade da produción investigadora. O patrón para medir esa calidade debería ser unha apreciación subxectiva levada a cabo por expertos valorando o impacto da investigación no ámbito académico e social.

Por outra banda, a declaración subliña que os resultados da investigación deberían ir máis aló das publicacións en revistas especializadas, incluíndo a participación activa en conferencias internacionais de prestixio e la produción de artefactos informáticos.

O evento poderá seguirse en directo en Microsoft Teams, a través da seguinte ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2020.